Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/02/2022 | Grabación 1

O CiX da Limia recibe á Directora Xeral de Xuventude

Que participa na gravación do podcast A Marea

04/02/2022 | Xinzo de Limia

Cristina Pichel visitou este venres 4 de febreiro o Centro de Información Xuvenil e Servizos Integrados da Limia (CiX) para coñecer de primeira man a actividade deste servizo impulsado polo CDR O Viso e que ten sido referencia para a mocidade da Limia nas tres últimas décadas.
A Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado aproveitou para participar na grabación dun podcast (“A Marea”) que será posible escoitar na  na web do CDR O Viso a partir do domingo 13 de febreiro, coincidindo co Día Mundial da Radio; trátase dunha serie de entrevistas ao fío da interculturalidade, dirixido por varias mozas e mozos limiás.
Foi esta mocidade, hoxe unha moza nacida en Tánger (Mariam) e un mozo venezolano (Andrés), a que a entrevistou e achegounos así as liñas de traballo da súa área; tamén adquiriu compromisos de apoio á xuventude usuaria do CiX e para estudar a viabilidade dun campo de traballo internacional de cara á tempada estival.
A Directora Xeral gabou o papel pioneiro do CiX nos anos noventa ao apostar por un modelo de ámbito de acción comarcal e por manter a actividade ó longo do tempo sabéndose adaptar ás necesidades da comunidade.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias