Accesibilidad

Noticias 

O acougo dun radical Grande

Grazas, D. Miguel

11/01/2022 | A Limia

Somos memoria. E tivemos a gran sorte de que formara parte das nosas vidas. En Arzádegos, co Digno fixeramos unha xuntanza a finais da década dos oitenta. E botamos a andar os CDR: Eirada, O Viso e Portas Abertas. Viaxes, reunións, encontros... Profunda admiración por unha persoa tan culta. Aprendeunos a mirar a abundancia no pequeno, a grandeza da semente, a posmodernidade nas raíces, o auténtico valor da solidariedade ó que decicou a súa vida: loitar pola xustiza social e a revolución que se fai coidando. E a formación permanente, a preparación continua: lectura, estudo. O Amor pola música, pola nosa Terra, pola nosa Xente. Grazas. Moitísimas grazas.

Recuperamos nesta entrada uns textos que gardabamos con moito cariño da celebración dunha Eucaristía, en Parada de Outeiro en febreiro de 2018, como acto de despedida e agradecemento; textos de Sabela e Irene en representación da freguesía de Parada de Outeiro e Coedo. Tamén a resolución da alcaldía de Vilar de Santos pola que se declarou loito oficial polo falecemento de D. Miguel Fernández Grande, o cura de Parada de Outeiro.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias