Accesibilidad

Noticias 

Día das Montañas no Outeiro das tres vertentes-Monte Talariño

#EólicasAsíNon

11/12/2021 | Podcast

Organizado polas Amigas da Árbores estivemos este 11 de decembro no Outeiro das tres vertentes - Monte Talariño en boa compaña. O amigo Xosé Santos explicounos a singularidade deste lugar, un espazo sobranceiro e dende o que nos fixo unha panorámica de xeógrafo; demos lectura a un documento sobre a importancia das montañas como santuarios da biodiversidade, prantamos árbores e fixemos unha andaina na que seguimos aprendendo sobre as uces (torgos, carbón vexetal) ou sobre a pseudotsuga (biocidas, baños de bosque). A actividade seguíu pola tarde coa concentración en Laza #EólicasAsíNon.

Se perdemos a terra, perdemos a cultura; se perdemos a cultura, perdemos a paz; se perdemos a paz, perdemos a comunidade; se perdemos a comunidade, perdemos a nosa forma de vida. Para sempre!!!!
Mokompo ole Simel (Olioboni Kitok)
Montañas de Loita

https://www.ivoox.com/dia-das-montanas-no-talarino-audios-mp3_rf_79481241_1.html

Arquivada en:
Infórmate > Noticias