03/12/2021 | COCEDER
Proxecto con proposta provisional de concesión de subvención pola D. G. de Diversidade Familiar e Servizos Sociais
1 de 2
© CDR O Viso
A proposta de resolución provisional no procedemento de subvencións convocadas ao amparo da Orde DSA/1199/2021, do 4 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras e convócanse subvencións para a realización de proxectos de innovación en materia de prevención da institucionalización, desinstitucionalización e desenvolvemento de servizos de apoio comunitarios no ámbito dos coidados de longa duración, vinculados co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da D. G. de Diversidade Familiar e Servizos Sociais. (Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030), fai públicas as valoracións e propón provisionalmente a concesión de axudas a seis proxectos. Un deles é o noso, de COCEDER: BIOCUIDADOS: Novos modelos de coidado prestados pola comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais.
Biocuidados está inspirado no ecosistema de coidados para a vida que proporciona a comunidade de persoas que habitan un determinado lugar no medio rural. Desde esta inspiración analizamos as necesidades e os propósitos de vida de cada unha das persoas. Despois establecemos un plan de acción que faga posible ao máximo o cumprimento do proxecto persoal. Para iso articulamos un conxunto de servizos de apoio ad hoc, utilizamos en gran medida os servizos e os recursos xa existentes na comunidade e complementaremos só aqueles que son imprescindibles e que non dispoñemos.
Dezanove entidades ( CDR) de Andalucía, Aragón, Asturias, Galicia, Castela e León, Cataluña e a Comunidade Valenciana, entre os que estamos o CDR O Viso e o CDR Portas Abertas asumiremos este novo reto cando a resolución sexa definitiva. Porque sabemos que a institucionalización supón, en moitos casos, un detrimento da calidade de vida, a privación de determinados dereitos e a grave limitación das relacións sociais.
Téñense aplicado modelos de atención pensados para o medio urbano, sen ter en conta a perspectiva micro e comunitaria, sen entender que desde un servizo no que participan persoas maiores ou con discapacidade, tamén poden ser atendidos outros colectivos, que o natural da vida é que participemos e convivamos con persoas diferentes e o antinatural e nada coherente é xerar disgregación e categorías e facer que sexan as persoas as que se adapten ás estruturas e non á inversa. Cústanos facer entender a necesidade de desenvolver proxectos de intervención integral que fomenten que os individuos poidan permanecer na súa contorna e participar activamente da vida social, aproveitando as prácticas, os saberes, os recursos creados para traballar en modelos alternativos e centrados na persoa.
Agora coa experiencia de máis de 25 anos e desde un coñecemento profundo do territorio e de todos os colectivos da poboación, desde a infancia a persoas maiores, crémonos con capacidade para traballar no desenvolvemento dun itinerario individualizado e integral con cada persoa e configurar o seu soporte vital, e deste xeito incrementar a súa calidade de vida e non só evitar o declive demográfico no medio rural senón atraer máis poboación.
A finalidade da proposta é, a partir dunha revisión do estado da cuestión neste ámbito, deseñar unha metodoloxía de cambio do modelo segmentario e baseado en estándares urbanos a un modelo de itinerario centrado na persoa no seu contexto, para o que que crearemos un equipo de profesionais cualificados para identificar e establecer un plan de vida da persoa, así como de activar e coordinar todos os servizos da comunidade.
Unha vez deseñada a metodoloxía, experimentarase en 18 comarcas do territorio español onde teñen as súas sedes as entidades socias de COCEDER, cos colectivos cos que traballamos como son: persoas con discapacidade, persoas maiores, adolescentes en risco de exclusión e persoas con enfermidade mental...
O período de implantación da metodoloxía baseada na persoa terá unha duración de 15 meses, tras a cal se realizará unha avaliación desta, realizada por persoas implicadas no proxecto, equipos de traballo implicados, axentes sociais da comunidade que interveñen desde a fase de deseño da metodoloxía, avaliadores externos e as administracións locais e autonómicas.
Realizada a avaliación, e cuns resultados cuantitativos e cualitativos como evidencia, elaboraranse unhas propostas que propoñan un cambio sistémico no modelo lexislativo e de financiamento que incidan na elaboración de novas políticas públicas que preveñan a institucionalización e fomenten a desinstitucionalización.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos
Noticias
- Na festa do Pico, pico, zarandico
- 04/07/2022 | Laroá
- Xuventude Mentoring, formación e mentorización
- 30/06/2022
- A volta do Pobo-escola
- 29/06/2022 | Lodoselo
- O CDR O Viso continúa un ano máis na MAP galega do SHERPA
- 29/06/2022 | Santiago de Compostela
- Ser especialistas en persoas
- 28/06/2022 | Lodoselo
- A vida xa a temos gañada ó nacer
- 28/06/2022 | Lodoselo
- Preséntase o libro A Memoria da Auga
- 24/06/2022 | Boado
- Representantes dos Colectivos de Acción Solidaria visitarannos o 23 e 24 de xuño
- 22/06/2022 | Lodoselo
- Celebramos o Encontro de Familias
- 19/06/2022 | Lodoselo
- Máis que un servizo de proximidade son sentimentos de proximidade
- 17/06/2022 | Lodoselo
- Participamos no III encontro de Axentes Socioeducativos
- 15/06/2022 | Santiago
- Aldeas Saudables
- 10/06/2022
- Récord de demanda do Concilia de Verán do CDR O Viso.
- 10/06/2022 | A Limia
- III Encontro de Axentes Socioeducativos
- 08/06/2022 | Santiago de Compostela
- Manifestación o domingo, 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente
- 03/06/2022 | Santiago de Compostela
- Ana Pontón, a líder da oposición no Parlamento Galego, visita o CDR O Viso
- 01/06/2022 | Lodoselo
- Abrimos o prazo para o Concilia de verán 2022
- 23/05/2022 | A Limia
- As casas de acollida de Lar Muimenta e Valdomiño uníronse, a pasada fin de semana
- 22/05/2022 | Lodoselo
- Interensantísima xornada
- 22/05/2022 | A Limia
- Medra o xardín sensitivo e nós con el
- 18/05/2022 | Lodoselo
- Favorecendo a inclusión dos maiores na vida social máis alá da xubilación
- 16/05/2022 | Lodoselo
- Apreciando o valor inmenso da nosa contorna natural
- 04/05/2022 | As Mercedes
- O Pobo escola abre as súas portas
- 02/05/2022 | Lodoselo
- Co alumnado de Atención a Persoas en Situación de Dependencia de Viana do Bolo
- 01/05/2022 | Lodoselo
- Experiencias comunitarias rurais integradoras: Unha experiencia de 35 anos de boa veciñanza (CDR O Viso)
- 24/04/2022 | Pontevedra
- Novo obradoiro de Ecoembalaxe: Consumo responsable - PensandoECO
- 21/04/2022 | Laroá
- Sábado de Gloria... expectantes
- 18/04/2022 | Lodoselo
- Outro modelo de atención é posible
- 11/04/2022
- O patrimonio da xente boa
- 10/04/2022 | Vilar de Gomareite
- Preinscrición Casa Niño Lodoselo
- 05/04/2022
- Sábado en Familia
- 05/04/2022
- A necesaria alfabetización dixital
- 04/04/2022 | Lodoselo
- Presentación INCLULIMIA
- 31/03/2022 | Lodoselo
- Somos o mañá dos pobos
- 31/03/2022 | A Limia
- Moito máis que un café...
- 24/03/2022 | Xinzo de Limia
- Boado publicará un libro coa memoria da súa auga
- 16/03/2022
- Medrando con cambio de mirada
- 12/03/2022 | Lodoselo
- O CDR O Viso estende o 8M
- 09/03/2022 | A Limia
- Aprendendo a construír xuntas e xuntos o camiño da igualdade
- 04/03/2022 | A Limia
- Recibimos ós amigos de Lar de Muimenta e ós de Aventeira
- 04/03/2022 | Lodoselo
- Visita ó CDR O Viso para a realización dun traballo final grupal de Educación Social
- 25/02/2022 | Lodoselo
- Participamos no encontro entre entidades colaboradoras na POIG
- 24/02/2022 | Santiago de Compostela
- Un pobo que coida
- 19/02/2022 | San Bartolomé de Pinares (Ávila)
- Lugares especiais con xente marabillosa
- 15/02/2022 | A Limia
- Reunións mensuais coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy
- 08/02/2022 | Lugo
- O CiX da Limia recibe á Directora Xeral de Xuventude
- 04/02/2022 | Xinzo de Limia
- Á procura de mellorar as situacións de vulnerabilidade social e risco de exclusión
- 27/01/2022 | A Limia
- As Consellerías de Política Social e Emprego e Igualdade volven financiar, un ano máis, os nosos programas
- 24/01/2022 | A Limia
- Apoio na Procura de Emprego
- 18/01/2022 | Comarca da Limia
- O acougo dun radical Grande
- 11/01/2022 | A Limia
- O Patronciño, Son Voltas e a Pita Pitaina
- 07/01/2022 | A Limia
- Ela fíxonos mellores
- 03/01/2022 | Lodoselo
- Continuamos a prestar servizos básicos e necesarios de atención a situacións de primeira necesidade e produtos de apoio.
- 22/12/2021 | A Limia
- Contribuíndo na creación de redes de apoio entre as familias participantes
- 21/12/2021 | A Limia
- A satisfacción de traballar por e para a mellora da empregabilidade
- 20/12/2021 | Comarca da Limia
- Sábado en familia
- 18/12/2021 | Baronzás
- O CDR O Viso á procura dun Nadal Xusto
- 15/12/2021 | A Limia
- Día das Montañas no Outeiro das tres vertentes-Monte Talariño
- 11/12/2021 | Podcast
- Unha invitación constante a conectar cos ritmos da natureza
- 02/12/2021 | Lodoselo
- Dando o mellor de nós despois de encaixar o gol
- 27/11/2021 | A Limia
- O rural contra a violencia machista: que podo facer eu?
- 26/11/2021 | A Limia
- Nos colexios rurais tamén aprendemos a previr e combater as violencias machistas.
- 23/11/2021 | A Limia
- O virus acaba de meternos un gol
- 22/11/2021 | Lodoselo
- Pobo - escola: aprender no pobo, do pobo, o pobo
- 17/11/2021 | Lodoselo
- Día internacional para a Tolerancia
- 16/11/2021 | Xinzo de Limia
- Medrando e pensando a través dos xogos de onte e de mañá
- 11/11/2021 | Xinzo de Limia
- A recuperación dos soutos do Liñón como práctica de éxito na Voz da Escola
- 10/11/2021 | Lodoselo
- Obradoiro de Memoria
- 09/11/2021 | Vilar de Barrio
- A xente de Sandiás aprende competencias dixitais
- 09/11/2021 | Sandiás
- Sábado en familia
- 06/11/2021 | Lodoselo
- Magostiño no xardín dos sentidos
- 30/10/2021 | Lodoselo
- Agropuzzle, unha iniciativa de intercambio de experiencias de desenvolvemento e sustentabilidade rural
- 25/10/2021
- Sinerxía, traballo en equipo
- 21/10/2021 | Lodoselo
- Sábados en familia
- 18/10/2021 | Saa e Vilar de Santos
- Domingos de Outono
- 17/10/2021 | Lodoselo
- Visitamos a Limuhe, a Dama da Lagoa
- 16/10/2021 | A Limia
- Unha edición máis participamos no festexo da Pataca
- 10/10/2021 | Vilar de Barrio
- Novo curso de formación de Asistente Persoal no medio rural
- 06/10/2021 | Xinzo de Limia e Comarca
- Xuntámonos en Laroá para a presentación do conto A Raíña Loba
- 02/10/2021
- Equidade dixital para tódalas idades
- 01/10/2021 | Lodoselo
- Somos coidables (as persoas, a comunidade, a terra)
- 27/09/2021 | Vilar de Santos
- Poñemos en marcha o programa de Educación Infantil Familiar na Limia
- 23/09/2021
- Participamos nun coloquio coa Conselleira de Política Social e o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
- 23/09/2021 | Santiago de Compostela
- A identidade como factor de desenvolvemento
- 22/09/2021 | Vilela. Ancares
- Poñemos en marcha un Itinerario de Inserción Sociolaboral con formación gratuíta en Asistencia Persoal no medio rural
- 13/09/2021 | Xinzo de Limia
- Acaba agosto e con el remata o noso programa Concilia de Verán
- 31/08/2021 | Lodoselo
- De visita á Ermida da Nosa Señora da Portela e Cortegada
- 28/08/2021 | Concello de Sarreaus
- 14 persoas atopan emprego co acompañamento do CDR O Viso
- 26/08/2021 | Xinzo de Limia
- Hoxe demos comezo a última quincena do Concilia de Verán 2021
- 16/08/2021 | Lodoselo
- Aya, a pegada exipcia de Sarreaus
- 14/08/2021
- Servizo de Préstamo de Axudas Técnicas
- 09/08/2021 | A Limia
- O Faro de Vigo outórganos o título de pobo interxeracional na portada de onte
- 08/08/2021
- Visitounos o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidades
- 06/08/2021 | Lodoselo
- Chegou agosto e novos/as nenos/as ao Concilia de Verán
- 06/08/2021 | Lodoselo
- Apoio na mellora da empregabilidade
- 05/08/2021 | A Liimia
- Poñemos en valor o patrimonio da auga
- 28/07/2021 | A Limia
- Arredor do rural: Comunidade de accións e saberes
- 21/07/2021 | A Limia
- Cambio de quincena no Concilia de Verán 2021
- 16/07/2021 | Lodoselo
- 1ª FASE DO FEAD 2021
- 09/07/2021