Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 02/12/2021 | Outono 2021

Unha invitación constante a conectar cos ritmos da natureza

O Outono

02/12/2021 | Lodoselo

Loitando contra as formas modernas de esclavitude (2 de decembro) e promovendo os dereitos e o benestar das personas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciando sobre a súa situación en todos os aspectos da vida (3 de decembro). E cos pés na terra. Ollando o ciclo da vida. Xa sexa referido a un produto, un proxecto, ós seres vivos, incluídos nós. Iníciase coa creación ou nacemento e culmina na morte, obsolescencia ou inutilidade.
Todo e todos poseemos o noso propio ciclo de vida. O intre de existencia e utilidade das cousas ou de vitalidade nos organismos vivintes. Contra a obsolescencia programada, volver a empezar. Porque se non aprendemos a mirar pode que o que vexamos sexa un case nada.
O outono parece un convite máis á meditación disto. Vivir no medio rural é unha invitación constante a conectar cos ritmos da natureza. Ler a existencia, recoñecer signos.
Velaquí algunhas estampas do noso cotiá neste outono. Os primeiros catro minutos de vida dun añiño recollido nestas instantáneas; momentos cos que seguimos gozando unha e outra vez: a forza da vida, sentir medrar a vida. A gandaría extensiva, o pastoreo tamén coma un servizo ambiental: chan fértil, biodiversidade… E Néboa, a mastina que parece estar en retirada e Muma, a pastora vasca sempre brincando ou descansando. Con castañas, co Magosto nos que parece que hai na orixe ritos conectados coa morte e o renacer. E a luz, as cores, a caída da folla…

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d374089806k5634777o2l1/Outono 2021

Arquivada en:
Infórmate > Noticias