17/11/2021 | Lodoselo
Unha proposta actualizada con códigos qr
1 de 3
© CDR O Viso
Esta é unha oferta máis do CDR para coñecer o noso medio rural, a nosa cultura concreta e particular. Contra a indiferenza, o desprezo e a condena dos saberes que endexamais foron valorados, como moitas culturas dos olvidados e excluídos fronte á imposición dun modelo cultural presentado como universal, queremos realzar estas diferenzas que nos fan singulares (en todos e cada un dos lugares) porque a pluralidade enriquécenos. A veces só necesitamos que alguén nos axude a mirar.
Esta actividade, un xogo para todas as idades, consiste en facer un percorrido polo pobo de Lodoselo seguindo un itinerario con paradas ao longo de 12 puntos, seguindo as pegadas, nas que están colocadas uns códigos qr.
O obxectivo principal é pasalo ben con esta proposta; adornar o pobo con xente e á vez ofrecer que se coñeza este mundo no que vivimos. É moi interesante que se conte coa poboación local, que se lle pregunte e se fale sobre o que se vai atopando sempre dende o respecto e con educación. Falar con eles é coñecer directamente o noso medio rural.
En cada un dos 12 puntos do percorrido hai unha placa no que están indicados o número da pegada e un código qr. Haberá que empregar unha aplicación de lecturas de códigos qr que teñas no teu móbil. A lectura de cada un dos códigos, a través do teléfono móbil (hai que ter activados os datos), levarate a un documento no Google Drive na que terás unha serie de propostas en forma de xogos, preguntas, etc., que che servirán para ir descubrindo Lodoselo.
O seguimento do itinerario é secuencial. Tamén terás en cada un instrucións para seguir o camiño ata o seguinte punto. Dentro dos contidos hai información sobre construcións, usos do territorio, emprego de materiais, infraestruturas, etc.
Recordar que o importante, ademais de coñecer este lugar, é que se pase un tempiño agradable; así que o mellor é realizar aquilo que máis lle guste a cadaquén; non é necesario facer todo dunha vez. Para unha maior seguridade están solicitados dous pasos de peóns na estrada que hai que atravesar facendo este percorrido.
Despois de rematar as propostas da última pegada, o punto 12, hai indicacións para chegar a un último punto no que a través dun novo código qr terase aceso ás respostas das cuestións propostas ao longo do percorrido.
Esta actividade leva desde a primeira metade da década dos 90 formando parte da oferta que ofrece o CDR como Pobo-escola. Entón había más veciñas e veciños polo pobo para axudar ós diferentes grupos que facían esta actividade, infancia, xuventude, persoas adultas. Agora, coa colaboración do Concello de Sarreaus, puidemos facer estas placas e ofertar esta actividade en aberto a todas as persoas que se acheguen por aquí. Familias, grupos de amigos da contorna e de calquera lugar; pensamos tamén que é outra oferta máis para as persoas que se hospedan en Couso. E contamos seguir aumentando as proposicións porque noutras seguimos traballando.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias
MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias
- Seguimos na loita contra o despoboamento
- 16/08/2022 | A Limia
- O programa Biocoidados en fase de implementación
- 13/08/2022 | A Limia
- A auga, un recurso vital
- 06/08/2022 | Lodoselo
- A Deputación subvenciona, un ano máis, o noso proxecto integral de intervención actualizado
- 01/08/2022 | A Limia
- Aprendemos o que amamos
- 01/08/2022 | Lodoselo
- Unha ovella no inverno apaga máis lumes que un helicóptero no verán
- 26/07/2022
- Xornada de educación ambiental no concilia
- 24/07/2022 | Lodoselo
- Acollemos a visita da Conselleira de Política Social e Xuventude
- 07/07/2022 | Lodoselo
- Novos cursos de formación online
- 05/07/2022 | A Limia
- Concilia verán 2022
- 05/07/2022 | A Limia
- Na festa do Pico, pico, zarandico
- 04/07/2022 | Laroá
- Xuventude Mentoring, formación e mentorización
- 30/06/2022
- A volta do Pobo-escola
- 29/06/2022 | Lodoselo
- O CDR O Viso continúa un ano máis na MAP galega do SHERPA
- 29/06/2022 | Santiago de Compostela
- Ser especialistas en persoas
- 28/06/2022 | Lodoselo
- A vida xa a temos gañada ó nacer
- 28/06/2022 | Lodoselo
- Preséntase o libro A Memoria da Auga
- 24/06/2022 | Boado
- Representantes dos Colectivos de Acción Solidaria visitarannos o 23 e 24 de xuño
- 22/06/2022 | Lodoselo
- Celebramos o Encontro de Familias
- 19/06/2022 | Lodoselo
- Máis que un servizo de proximidade son sentimentos de proximidade
- 17/06/2022 | Lodoselo
- Participamos no III encontro de Axentes Socioeducativos
- 15/06/2022 | Santiago
- Aldeas Saudables
- 10/06/2022
- Récord de demanda do Concilia de Verán do CDR O Viso.
- 10/06/2022 | A Limia
- III Encontro de Axentes Socioeducativos
- 08/06/2022 | Santiago de Compostela
- Manifestación o domingo, 5 de xuño, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente
- 03/06/2022 | Santiago de Compostela
- Ana Pontón, a líder da oposición no Parlamento Galego, visita o CDR O Viso
- 01/06/2022 | Lodoselo
- Abrimos o prazo para o Concilia de verán 2022
- 23/05/2022 | A Limia
- As casas de acollida de Lar Muimenta e Valdomiño uníronse, a pasada fin de semana
- 22/05/2022 | Lodoselo
- Interensantísima xornada
- 22/05/2022 | A Limia
- Medra o xardín sensitivo e nós con el
- 18/05/2022 | Lodoselo
- Favorecendo a inclusión dos maiores na vida social máis alá da xubilación
- 16/05/2022 | Lodoselo
- Apreciando o valor inmenso da nosa contorna natural
- 04/05/2022 | As Mercedes
- O Pobo escola abre as súas portas
- 02/05/2022 | Lodoselo
- Co alumnado de Atención a Persoas en Situación de Dependencia de Viana do Bolo
- 01/05/2022 | Lodoselo
- Experiencias comunitarias rurais integradoras: Unha experiencia de 35 anos de boa veciñanza (CDR O Viso)
- 24/04/2022 | Pontevedra
- Novo obradoiro de Ecoembalaxe: Consumo responsable - PensandoECO
- 21/04/2022 | Laroá
- Sábado de Gloria... expectantes
- 18/04/2022 | Lodoselo
- Outro modelo de atención é posible
- 11/04/2022
- O patrimonio da xente boa
- 10/04/2022 | Vilar de Gomareite
- Preinscrición Casa Niño Lodoselo
- 05/04/2022
- Sábado en Familia
- 05/04/2022
- A necesaria alfabetización dixital
- 04/04/2022 | Lodoselo
- Presentación INCLULIMIA
- 31/03/2022 | Lodoselo
- Somos o mañá dos pobos
- 31/03/2022 | A Limia
- Moito máis que un café...
- 24/03/2022 | Xinzo de Limia
- Boado publicará un libro coa memoria da súa auga
- 16/03/2022
- Medrando con cambio de mirada
- 12/03/2022 | Lodoselo
- O CDR O Viso estende o 8M
- 09/03/2022 | A Limia
- Aprendendo a construír xuntas e xuntos o camiño da igualdade
- 04/03/2022 | A Limia
- Recibimos ós amigos de Lar de Muimenta e ós de Aventeira
- 04/03/2022 | Lodoselo
- Visita ó CDR O Viso para a realización dun traballo final grupal de Educación Social
- 25/02/2022 | Lodoselo
- Participamos no encontro entre entidades colaboradoras na POIG
- 24/02/2022 | Santiago de Compostela
- Un pobo que coida
- 19/02/2022 | San Bartolomé de Pinares (Ávila)
- Lugares especiais con xente marabillosa
- 15/02/2022 | A Limia
- Reunións mensuais coa Asociación socio-educativa Antonio Gandoy
- 08/02/2022 | Lugo
- O CiX da Limia recibe á Directora Xeral de Xuventude
- 04/02/2022 | Xinzo de Limia
- Á procura de mellorar as situacións de vulnerabilidade social e risco de exclusión
- 27/01/2022 | A Limia
- As Consellerías de Política Social e Emprego e Igualdade volven financiar, un ano máis, os nosos programas
- 24/01/2022 | A Limia
- Apoio na Procura de Emprego
- 18/01/2022 | Comarca da Limia
- O acougo dun radical Grande
- 11/01/2022 | A Limia
- O Patronciño, Son Voltas e a Pita Pitaina
- 07/01/2022 | A Limia
- Ela fíxonos mellores
- 03/01/2022 | Lodoselo
- Continuamos a prestar servizos básicos e necesarios de atención a situacións de primeira necesidade e produtos de apoio.
- 22/12/2021 | A Limia
- Contribuíndo na creación de redes de apoio entre as familias participantes
- 21/12/2021 | A Limia
- A satisfacción de traballar por e para a mellora da empregabilidade
- 20/12/2021 | Comarca da Limia
- Sábado en familia
- 18/12/2021 | Baronzás
- O CDR O Viso á procura dun Nadal Xusto
- 15/12/2021 | A Limia
- Día das Montañas no Outeiro das tres vertentes-Monte Talariño
- 11/12/2021 | Podcast
- Biocuidados: o ecosistema de coidados para a vida que proporciona a comunidade de persoas que habitan un determinado lugar no medio rural
- 03/12/2021 | COCEDER
- Unha invitación constante a conectar cos ritmos da natureza
- 02/12/2021 | Lodoselo
- Dando o mellor de nós despois de encaixar o gol
- 27/11/2021 | A Limia
- O rural contra a violencia machista: que podo facer eu?
- 26/11/2021 | A Limia
- Nos colexios rurais tamén aprendemos a previr e combater as violencias machistas.
- 23/11/2021 | A Limia
- O virus acaba de meternos un gol
- 22/11/2021 | Lodoselo
- Día internacional para a Tolerancia
- 16/11/2021 | Xinzo de Limia
- Medrando e pensando a través dos xogos de onte e de mañá
- 11/11/2021 | Xinzo de Limia
- A recuperación dos soutos do Liñón como práctica de éxito na Voz da Escola
- 10/11/2021 | Lodoselo
- Obradoiro de Memoria
- 09/11/2021 | Vilar de Barrio
- A xente de Sandiás aprende competencias dixitais
- 09/11/2021 | Sandiás
- Sábado en familia
- 06/11/2021 | Lodoselo
- Magostiño no xardín dos sentidos
- 30/10/2021 | Lodoselo
- Agropuzzle, unha iniciativa de intercambio de experiencias de desenvolvemento e sustentabilidade rural
- 25/10/2021
- Sinerxía, traballo en equipo
- 21/10/2021 | Lodoselo
- Sábados en familia
- 18/10/2021 | Saa e Vilar de Santos
- Domingos de Outono
- 17/10/2021 | Lodoselo
- Visitamos a Limuhe, a Dama da Lagoa
- 16/10/2021 | A Limia
- Unha edición máis participamos no festexo da Pataca
- 10/10/2021 | Vilar de Barrio
- Novo curso de formación de Asistente Persoal no medio rural
- 06/10/2021 | Xinzo de Limia e Comarca
- Xuntámonos en Laroá para a presentación do conto A Raíña Loba
- 02/10/2021
- Equidade dixital para tódalas idades
- 01/10/2021 | Lodoselo
- Somos coidables (as persoas, a comunidade, a terra)
- 27/09/2021 | Vilar de Santos
- Poñemos en marcha o programa de Educación Infantil Familiar na Limia
- 23/09/2021
- Participamos nun coloquio coa Conselleira de Política Social e o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
- 23/09/2021 | Santiago de Compostela
- A identidade como factor de desenvolvemento
- 22/09/2021 | Vilela. Ancares
- Poñemos en marcha un Itinerario de Inserción Sociolaboral con formación gratuíta en Asistencia Persoal no medio rural
- 13/09/2021 | Xinzo de Limia
- Acaba agosto e con el remata o noso programa Concilia de Verán
- 31/08/2021 | Lodoselo
- De visita á Ermida da Nosa Señora da Portela e Cortegada
- 28/08/2021 | Concello de Sarreaus
- 14 persoas atopan emprego co acompañamento do CDR O Viso
- 26/08/2021 | Xinzo de Limia
- Hoxe demos comezo a última quincena do Concilia de Verán 2021
- 16/08/2021 | Lodoselo