Accesibilidad

Noticias 

© CDR "O Viso" | 09/11/2021 | Memoria Bóveda

Obradoiro de Memoria

Retomamos o Obradoiro de Memoria en Bóveda e Vilar de Barrio.

09/11/2021 | Vilar de Barrio

Onte retomamos o Obradoiro de Memoria en Bóveda e Vilar de Barrio.

Actividade organizada e financiada polo Concello de Vilar de Barrio, que aposta por este tipo de actividades para as súas veciñas e veciños.

A finalidade deste tipo de intervención é optimizar o funcionamento da memoria.

Asistir a un Obradoiro de Memoria non supón que esta competencia estee deteriorada; pola contra, débese ao interese polo seu coidado. A memoria é unha capacidade básica para o mantemento da calidade de vida. Pola tanto, protexela é un paso primordial á hora de acadar un envellecemento activo.

Outra vantaxe de asistir a un Obradoiro deste tipo é a relación cos demais integrantes do grupo. As relacións interpersoais son tamén esenciais no coidado da saúde. Unha rede sólida de apoio é beneficiosa para a mente; pola contra, o illamento e o sentimento de soidade dánana.

En Bóveda, xa levamos uns anos traballando co mesmo grupo, e queremos salientar o esforzo e afán de superación das participantes, sempre entre risas e facendo gala dunha marabillosa sintonía entre elas; é un gusto atoparse con xente así.

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias