Accesibilidad

Noticias 

Domingos de Outono

Coas familias, en boa compaña e con boas novas

17/10/2021 | Lodoselo

O outono coma tempo ben axeitado para gozar da gama multicolor da paisaxe; da caída das follas, das tonalidades que van dende os verdes ata os marróns pasando polos amarelos e roxos, azuis e violetas... E da boa compaña: Álvaro, Sira, Xiana, Lucas, Duarte, Roi, Kenia, Breogán... Amigas e amigos coas súas nais/pais que quixeron adornar este domingo o noso pobo.

E coceron o pan no forno comunitario da man do Alberto, visitaron as recentes obras realizadas nas casas da Memoria e os canellóns con pedras da Civitas Limicorum; prepararon co Toño a comida dos animais e leváronlla os galiñeiros onde tamén colleron os ovos (de cores!), déronlle un coliño ós coelliños, cambiaron as ovellas de monte... E coñeceron con Anabel o espazo de estimulación sensorial nos arredores do Centro de Inclusión e a Casa NIño. Sen esquecer o tempo que pasamos no Carballo con botas, no mirador do Tilo, dándolle pan ás ovellas, coa Néboa, no carro do burro Fariñeiro, collendo castañas, no parque infantil, no campo da Lama...

Grazas por esta opción; por achegarvos ó noso medio. Deixámosvos aquí unha pequena montaxe con 16 momentos que fotografiaron as familias e que nos pasaron. Graciñas.https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d371308467k7535420o2l1/17.Outubro.2021

Aquí e acolá porque ó tempo participamos na manifestación "#YoTambiénEstoyEnMadrid16O @TeresaRibera, dicindo #AquiNo #AsíNo #RenovablesSíperoNoasí Por una transición ecosocial justa" e alegrámonos de ter moi boas novas do espectacular ambiente que se está a vivir en Madrid grazas a Aliente (colectivo estatal: alianza enerxía e territorio)

Tamén porque nos comunican que Illa Bufarda leva o Premio Crea (CREA Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización) á Mellor Dirección de Spot ou Campaña polo vídeo "Eu Fico" para Eu fico na Límia (no que participamos) e tamén por "Mérgullate, le en galego" realizado para a Asociación Galega Editoras. Parabéns!!!

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias