Accesibilidad

Noticias 

Participamos nun coloquio coa Conselleira de Política Social e o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

23/09/2021 | Santiago de Compostela

   Na mañá do mércores 22 de setembro estivemos no encontro celebrado na Biblioteca e Arquivo de Galicia, na Cidade da Cultura, en Santiago coa Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez e o Director Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo José Rey Sastre con motivo da publicación no DOG, ese mesmo día da orde de axudas con cargo á casilla social do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).
Participou Antonio R. Corbal como voceiro do CDR O Viso e Presidente da Asociación Rural Terra e Xente xunto a otras persoas das tres entidades tamén perceptoras de axudas na anterior convocatoria: dúas da Fundación Ronsel, tres de ACCEM e tres da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco. Un coloquio cun número de participantes moi axeitado para participar: 11 persoas
No noso caso foi o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón o que se puxo en contacto co CDR O Viso e nos convidou a participar. A proposta foi que teriamos un tempo para contar o noso traballo grazas á axuda concedida o pasado ano nesta mesma convocatoria. E así foi. Ó igual que as otras tres organizacións.
A continuación e despois de que a Conselleira salientara que Galicia é cada día máis solidaria e un mellor lugar no que vivir, agradecera o esforzo de todas as persoas por facelo posible e nos lembraramos de toda a xente que marca a casilla solidaria e posibilita todo isto volvemos ter unha nova rolda de intervencións para achegarlles, á luz da experiencia destes anos, propostas de mellora. En nun ambiente amigable, de escoita e comprensión celebramos que mesmo algunhas achegas feitas nas visitas que os Directores Xerais recolleran xa aparecían nesta orde ou son ceñecedoras delas e están a ser estudadas para incorporar no manual de xustificación.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias