Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 28/08/2021 | Ermida da Portela

De visita á Ermida da Nosa Señora da Portela e Cortegada

Somos o que recordamos

28/08/2021 | Concello de Sarreaus

Este pasado xoves, 26 de agosto, algunhas persoas do Centro Lodoselo fixemos unha pequena excursión para visitar a Ermida da Nosa Señora da Portela (a carón de Meilás, no Concello de Sarreaus), aproveitando que é un lugar moi bonito, cercano e que tiñamos entre nós a un excelente guía (o Mateos, quen ademais é o sacristan do lugar).


Tivemos a oportunidade de ver a singular imaxe da Virxe e gustou moito este acolledor emprazamento xa que a maioria das persoas facía anos que non ían a ese lugar sendo todas da contorna. Coa contribución deste singular espazo, en boa compaña, mesmo somerxidos nun estado contemplativo xurdiu unha especie de tristeza, melancolía e  calma, que emocionou e fixo evidente aquilo que escribe di M. Rivas: “Somos o que recordamos”.


Para rematar a xornada fomos ó bar de Cortegada a tomar algo e volvemos ó centro para xantar. Moitas grazas a Sonia, Aya, Estela e a Jesús por facer isto posible; a Jesús, nestes momentos dunha maneira especial, porque está acabando aquí a súa estadía.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias