Accesibilidad

Noticias 

© CDR O VISO | 16/08/2021 |

Hoxe demos comezo a última quincena do Concilia de Verán 2021

Desfrutando das últimas semanas

16/08/2021 | Lodoselo

Hoxe luns 16 de agosto, demos comezo a cuarta e última quincena do programa Concilia de Verán. Última quincena e con ela novos/as nenos/as que coñeceron Lodoselo por primeira vez.

O xogo libre está a ser un piar fundamental no desenvolvemento do programa; nenas e nenos precisan descubrir a natureza e a aldea para aprenderen a vivila e sentila. É fundamental que poidan experimentar por iniciativa propia para aprender a observar o que sucede ó seu redor, onde os límites están marcados de xeito natural.

Ao longo destes 2 meses, foron arredor de 100 nenas/os as/os que puideron disfrutar e pasalo ben no noso programa de conciliación, e queremos recalcar que isto é posible e pode levarse a cabo grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% e a de entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social (2020-22). Ademais tamén contamos coa subvención da Deputación de Ourense dirixida á prestación de servizos sociais.

O programa Concilia de Verán responde ás necesidades das familias de toda a nosa comarca, onde arredor de 60 se benefician ao longo destes meses do servizo de conciliación, podendo acadar unha conciliación real tanto na vida persoal, laboral como familiar. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias