Accesibilidad

Noticias 

© CDR O VISO | 16/07/2021 |

Cambio de quincena no Concilia de Verán 2021

Novos/as rapaces e rapazas compartirán experiencias en Lodoselo durante o concilia

16/07/2021 | Lodoselo

Onte 15 de xullo, finalizou a primeira quincena do Concilia de Verán e con ela tivemos a despedida dalgúns nenos e dalgunhas nenas. GRACIÑAS E ATA A PRÓXIMA!

Hoxe, venres 16, demos comezo á segunda, onde recibimos en Lodoselo a novos rapaces e rapazas cheas de ilusión e gañas de gozar de cada unha das experiencias e sorpresas que irán acontecendo durante os próximos días. 

No día de hoxe, estivemos cos xogos tradicionais, onde tanto as persoas maiores do centro de inclusión como da vivenda comunitaria (A túa outra casa) nos ensinaron a enredar con cada un deles (a billarda, os aros, os zancos, as tartarugas....) e aprender un pouquiño máis dos xogos dos nosos maiores. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias