Accesibilidad

Noticias 

© CDR O VISO | 01/07/2021 |

Hoxe comezamos o concilia de verán 2021

Aprendemos, coñecemos, experimentamos

01/07/2021 | Lodoselo

Hoxe 1 de xullo demos comezo ao programa Concilia de Verán 2021. Desta volta, e despois de ter que agardar 2 anos debido a situación epidemiolóxica, regresamos a Lodoselo con máis ilusión que nunca para pasar os dous meses de verán. O programa de conciliación será levado a cabo de luns a venres en horario de 9.00h a 14.00h, onde o principal obxectivo do mesmo é favorecer a conciliación persoal, familiar e laboral das familias da Comarca da Limia. Realizaremos actividades socioeducativas, onde ademais poñeremos en valor a contorna natural e social, o sentir comunitario e a vivencia interxeracional.

Esta actividade é posible grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas. Ademáis tamén contamos coa subvención da Deputación de Ourense dirixida á prestación de servizos sociais. 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias