Infórmate > Noticias 

Noticias 

A protección e os coidados que todas as persoas maiores merecemos e necesitamos
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

15/06/2021

Día Mundial da Toma de Conciencia do Abuso e Maltrato na Vellez

1 de 3

O Día Mundial da Toma de Conciencia do Abuso e Malos tratos na Vellez celébrase o 15 de xuño de cada ano, promovido pola ONU, co obxectivo de concienciar e denunciar os malos tratos, abuso e sufrimentos ós cales son sometidos moitas anciás e anciáns en distintas partes do mundo.
A vellez está referida á última etapa de vida das persoas denominada terceira idade, que se inicia a partir dos 65 anos. É a etapa na que se acentúan as transformacións mentais e físicas progresivas:
- Deterioración na capacidade rexenerativa das células, xerando un déficit das mesmas.
- Perda de neuronas e diminución do volume cerebral.
- Cambios morfolóxicos e patolóxicos: diminución de estatura, diminución de agudeza visual, perda  auditiva, cambios na pel.
- Diminución da capacidade  psicomotriz.
- Diminución das capacidades intelectuais.
- Diminución da memoria.
- Alteración da capacidade de adaptación.
Cando as persoas chegan a esta etapa da vellez necesitan de certos coidados especiais; ás veces, non poden ser debidamente atendidas pola falta de recursos, dispoñibilidade de tempo e apoio por parte da súa contorna familiar e/ou social... A Organización das Nacións Unidas decretou a creación desta efeméride o 15 de xuño de 2006, coa finalidade de facer valer os dereitos de todas as mulleres e homes que chegaron á vellez.
No ano 2021 continúa vixente o lema de 2020 "Protección das persoas maiores durante o COVID-19 e máis aló", dada a elevada vulnerabilidade das persoas da terceira idade ante a pandemia polo virus COVID-19.
Convidámoste a formar parte desta celebración con algunha achega significativa. Podes comezar no teu fogar e/ou contorna máis próxima, valorando e promovendo o acompañamento, a protección e os coidados que todas as persoas maiores merecemos e necesitamos. Anímate. Ponte en contacto connosco. Estamos neste empeño.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies