Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 06/06/2021 | Casa da cultura. Xornada Sergas

Participación nun curso sobre educación infantil

E na xornda sobre os coidados do Sergas

06/06/2021 | Lugo e Xinzo

Hoxe, en Lugo, Lucía está a participar como ponente no curso: “A infancia en contexto. Educar para as transición “Trátase dun curso programado para o pasado ano e que pola situación naquel momento se aprazou ata este xuño de 2021. No programa aparece o Relatorio “Liñas de acción para orientar a famílias e crianzas nas transicións. Procura dun ritmo saudable”. Lucía Nóvoa Joga. Mestra e psicopedagoga. Educadora do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso (Lodoselo-Sarreaus) e  responsable  da Casa Niño Lodoselo.

Organizado pola USC e a Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento de Lugo, en modalidade semipresencial e Destinado a Mestras/es   Graduados,   Diplomados/as, Alumnado   de Formación  do  Profesorado,  Técnicos/as  en  Educación Infantil ou  en  Xardín  de Infancia,  Alumnado  de Ciclo  de  Grao  Superior  en  Educación  Infantil,  Auxiliares Coidadores/as  de  Escolas  Infantís,  Profesorado  de  Formacion  Profesional  e  de Educación Secundaria do ámbito da educación infantil, Persoal de SS.SS...

Onte, en Xinzo tamén participamos como discentes na xornada que tivo lugar na casa de cultura de Xinzo sobre os coidados durante e ó final da vida. Salientar a información que nos achegaron os participantes nas dúas mesas: sobre Documento de Instruccións Previas, os coidados ós pacientes e ás coidadoras/es, a morte eticamente asistida, as claves a ter en conta a nivel alimentario e de exercicio físico. Tamén gozamos da testemuña dunha coidadora, aprendemos algo máis sobre os coidados paliativos e ilusionámonos cos plans locais de saúde e a orientación comunitaria de atención primaria que se pretende poñer a andar.

Dende o CDR e dende hai máis de trinta anos traballamos no empeño de mudar o medio rural visitable por un medio rural habitable e habitado. E sabemos que o primordial é a saúde, que sen ela, todo é nada. Por isto gozamos de sentirnos tan ben acompañados nesta tarefa.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias