Infórmate > Noticias 

Noticias 

Volveron os grupos ó Pobo escola
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/06/2021 | Lodoselo


Onde as ovellas non teñen goma de mascar na boca


 

1 de 1

Xa ía sendo tempo… Co mes de xuño comenzaron de novo, tras esta longa paréntese, os grupos dos centros escolares a participar no Pobo escola. Grupos aula, grupos reducidos gozando das potencialidades do noso rural.

- Da compaña de Andrea, Aya e Alberto que os acollen e coidan,
- de Angelita coa que no forno comunitario amasamos, cocemos o pan e degustamos o hinchón ou as raspas,
- das rúas do pobo e un entorno cada vez "máis desadornado de xente" (que nos di M. Rivas),
- do recanto do Carballo con botas,
- do Fariñeiro, o burro que tira do carro desde o que imos aprendendp a mirar un espazo vital para nós,
- das ovellas –de raza galega- que nos axudan a manter esta paisaxe humanizada, nos aportan unha saborosa carne e que non están mascando “chicle” deitadas á sombra porque aprendemos que están remoendo.
- da Néboa a mastina que nos enche de pelos -nesta tempada- e tamén de beixiños mollados,
- das moitas aves (galiñas e galos, moitos pitiños de distintas razas, oca, pato indio, pavos…  e coellos  ( de monte e domésticos) que enchen os galiñeiros e as cortes na horta do Carregal,
- do olor, dominante estes días da flor do sabugueiro porque arredor da casa reitoral hai ata catro conxuntos de matas e arbustos desta planta que se di “Nin de sabugueiro bo vencello, nin de cuñado bo consello”.
- do paseo polo espazo sensorial (que seguimos construíndo, ampliando, mellorando) que bordea o centro de inclusión e a casa niño… e das persoas que formamos parte do CDR e deste espazo no que ben poderiamos proclamar ó xeito de Shakespeare: “Nós poucos, nós, felizmente poucos, nós, unha banda de irmáns”

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d362122043k5464310o2l1/Pobo escola, xuño 2021

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies