Infórmate > Noticias 

Noticias 

Admirar máis para mirar mellor
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

31/05/2021 | Lodoselo

O valor do cotiá

1 de 1

Este é un título do noso admirado José Miguel Valle que nos alimenta no seu “Espacio Suma NO cero” no que reza: “Somos existencias vinculadas a outras existencias. Ó noso arredor formiguean alteridades adheridas en distinto grao ós nosos proxectos e intereses”. Coa famosa repetición: Como cada martes, espero aportar algo de claridade. Ou non.
Pois ben, nesa entrada dinos que a admiración é o sentimento que nace cando temos en estimación a alguén ou a algo que nos serve de modelo para internalizalo, integralo na nosa conduta. Entusiásmanos o admirado, provoca en nós alegría, atráenos. Cita a Miguel Arteta que considera que a admiración é o sentimento do mellor, e o sentimento do mellor é o mellor dos sentimentos.
Traémolo aquí xunto a estas imaxes que recollen algo do que estivemos a facer ó longo do mes de maio. Tarefas do día a día. En boa compaña. Compañas e traballos que nos volven momentaneamente mellores, conversacións e silencios en espazos no que todo nos fala, aprendizaxes vitais.
Grazas a Pili e Eloi, a Tomás, a ... todas as persoas que no día a día nos seguen posibilitando admiralos. Sendo artistas en calquera dos humildes traballos que facemos a cotiá. Velaquí unha das claves polas que apostamos no CDR O Viso: o valor do cotiá. É famosa a cita de M. Murdok: “o segredo do teu futuro está escondido na túa rutina diaria”. 
O velaí tedes nas fotos a Macarena ( a última aña que entre a Mª Isabel e a Rosa criaron a biberón e que fai rabaño coa Néboa máis que coas outras ovellas), as portas da reitoral e do forno antes e despois, as plantacións de sementes autóctonas na horta ou as leitugas listas para o seu consumo do invernadoiro, os espectaculares “bancais inclusivos” onde a nosa xente maior (mesmo en cadeiras de rodas ou sen agacharse poden manter a súa actividade), as novas incorporacións e a ampliación do espazo sensitivo, o fun polo aire no que participamos, o ourizo que apareceu debaixo da herba seca e que patrulla a horta do Carregal, os sábados en familia, o Kevin que veu rapar as ovellas, as moitas bandexas isotérmicas de Aixiña que nos achegou o Vallejo porque eles xa non as empregan, o ferverdoiro de poliños e demais aves que trouxo a primavera (e algúns a incubadora do Ceip Rosalía de Castro) ós nosos galiñeiros, o mirador recén construído arredor das placas expositivas sobre o humidal Antonio Villarino... Moito que mirar mellor. Pode que para para admirar máis. Compróbao, , achégate a Lodoselo.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d361843161k9383315o2l1/Maio 2021

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies