Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 19/05/2021 |

O punto TIC ó servizo da xente

O CDR O Viso dispón dun punto TIC para aquelas persoas con dificultades de acceso á Rede.

19/05/2021

Desde a oficina do CDR O Viso en Xinzo dispoñemos dun punto de acceso TIC, con 3 equipos, para tentar mitigar a fenda dixital tan presente nos nosos días. O punto dispón de equipos con conexión a Internet, scaner e impresora e están destinados e orientados a potenciar o traballo que desde a nosa entidade diríxese a outorgar recursos ao mundo rural.

Nunha sociedade cada vez máis dixital, o acceso a este tipo de equipamentos é só un elemento máis de mellora da nosa comunidade e do noso mundo rural; o sentimento de pertenza, de mellora da vida das persoas e a comunidade son e serán parte do noso fin e a nosa esencia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias