Infórmate > Noticias 

Noticias 

O Director Xeral de Inclusión Social e a xefa territorial de Política Social visitan o Centro de Inclusión
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

14/05/2021 | Lodoselo

Dando a coñecer os logros e necesidades do medio rural 

1 de 5

Este venres 14 de maio recibimos en Lodoselo ó Director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado e a Xefa Territorial de Política Social da Xunta de Galicia, Mª José Fernández Laso.
Durante a visita percorremos as instalacións do CDR “O Viso” en Lodoselo: o centro de inclusión, onde conversaron con persoas traballadoras, usuarias e voluntarias e coñeceron de primeira man o traballo diario da cociña, os programas terapéuticos, as actividades de dinamización ou o programa de emerxencia social.
Xa no exterior percorremos o “Xardín dos Sentidos”, onde Pili e Eloi explicaron o traballo realizado e o obxectivo do mesmo. Experimentamos coas texturas, os sons, os olores das aromáticas, e gozamos do camiño coa compaña da xente da Casa Niño.
Para finalizar a visita mantivemos unha reunión de traballo acerca das necesidades e propostas de mellora: un modelo específico e integral para o rural, poñer en valor os servizos de proximidade co valor humano engadido, reforzar a formación ocupacional, que se teña en conta a dispersión xeográfica e a importancia de chegar a toda persoa.
A través da Dirección Xeral de Inclusión obtivemos financiamento para o programa de necesidades básicas, reparto de alimentos, itinerarios de inclusión social e transición ó emprego e para o programa de dinamización comunitaria “O patrimonio da auga”. Agradecemos a visita institucional porque é fundamental visibilizar a necesidade real da nosa xente e da nosa comarca.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies