Infórmate > Noticias 

Noticias 

Educación de calidade e integrada nun proxecto global de desenvolvemento do medio rural
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

11/05/2021 | On -line

Participaremos no II Foro de ANPAS GALEGAS

1 de 1

Mañá, mércores 12 de maio, ás 18.00 horas participaremos neste 2º foro que organizan as ANPAS GALEGAS na demanda dun Plan educativo específico para o medio rural.

Di a Confederación de ANPAS que un dos pilares desta sociedade, que tamén é rural, é o ensino; xa é hora de esixir un cambio na xestión deste e unha discriminación positiva para un rural que temos que manter vivo, non só para os que temos a sorte de vivir nel, tamén, para todas as galegas e galegos .
 

O rural non é estático, non debe selo; tamén ese é un dos riscos do discurso, o de pretender defender unha realidade codificada e paralizada no tempo. O que queremos é que o rural evolucione sabendo de seu, e utilizando o mellor que ten agora mesmo para desenvolver un rural novo permanente e sustentábel.
Por iso queremos por enriba da mesa o mellor que temos:


1. Excelencia do ensino: o resultado das dotacións actuais debe utilizarse para a excelencia, non para a excelencia parva dos resultados excepcionais en ranquins absurdos, nin para falar de plurilingüismos ou leiras de coñecemento específicas, falamos da excelencia de conseguir que o alumnado saia da escola tendo unha mellor e máis completa preparación para a vida global. Iso pódese conseguir mellor nun ambiente tan singular e acaído como é o rural: pouco alumnado, integración no medio, especial implicación coas familias, dotacións amplas e doadamente completábeis.
- Formación do profesorado : non é o mesmo darlle clases a unha aula de 25 crianzas que a unha aula de dez con nenas-os de tres cursos distintos. O profesorado ten que estar formado nesa diferenza, pero tamén ten que ser ambicioso cos resultados. Queremos un profesorado que non só coñeza o xeito de traballar no contexto rural, senón que mesmo saiba aproveitar con beneficio esa peculiar circunstancia.
- Despoboamento - poboación reducida: sermos poucos é sermos escolleitos. Os grupos reducidos non poden vivirse como a finalización dun proceso demográfico irreversíbel, senón como unha oportunidade para asentar as bases dun repoboamento consciente. Agora mesmo hai que tirar opcións do feito de termos clases de poucas nenas e nenos, aproveitar a vantaxe de lles poder dedicar máis tempo, de poder exercer unha atención máis personalizada.
 - Posibilidades de mellora económica e social:
 - Outra política agraria
 - Medio ambiente e xestión forestal
 - Xestión de comunidades (deseño para a xuventude).
 - Centros de formación vinculados ao territorio


PONENTES:
Verónica Marcos: Fademur Galicia
Xabier Bruña: Enxeñeiro técnico forestal
Mar Pérez Fra: Doutora en ciencias económicas
Antonio R. Corbal: CDR "O Viso"

Enlace para conectarse:

https://fanpacompostela.my.webex.com/fanpacompostela.my/j.php?MTID=m09b4561e50af7b2c7d3a6aa1b89f9fee

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Enlaces
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies