Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/04/2021 | Gallina con sus pollitos

Sentindo medrar a vida

Vén e participa do noso quefacer cotiá

20/04/2021 | Lodoselo

Recollendo o que lemos/ aprendemos de Carmen Loureiro, FpN (moitas grazas) os Coidados abranguen, inclúen o coidado de si mesmo, dos outrxs, dos espazos, dos tempos (procesos e non só resultados). A ética do coidado é a responsabilidade e Irene Vallejo na columna do País lémbranos que somos dependentes ata a médula; ninguén é una illa.
https://www.milenio.com/cultura/laberinto/epica-del-cuidado-por-irene-vallejo?fbclid=IwAR1DwuM-VG96ru55a2uhsyM6Mc2ug_ouWVpopF8FCS_dNDHkzNsEKH8RO-Q

Nunha contorna na que “todo nos fala”, nunha simbiose maravillosa entre as persoas e a paisaxe, rodeados da natureza que nos nutre e é fonte inagotable de aprendizaxe seguimos coas tarefas do día a día.
Así que despois de termos empregado as galiñas para desparasitar o invernadoiro, volvemos acolchar con la e prantamos (leitugas, tomateiras e sementeiros). Galiñas que xa están chocando e das que imos vendo os pitiños que multiplican o número de cabezas do galiñeiro.
Participamos con gozo da parideira, que se alongou ata finais de marzo, pero tamén tivemos algunhas baixas (a lección indispensable da morte) e mesmo nais que rexeitaron a alguna das súas crías e que houbo que criar a biberóns (grazas a Mª Isabel e a Rosa que sacaron adiante a Valentina e Macarena). E co pastoreo e a roza procuramos manter esta paisaxe, o escenario no que a nosa vida cotiá se desenvolve.
Toxos, silvas, xestas, palla e herba coas que estramos a corte das ovellas, galiñas, coellos e burros para “facerlles a cama” e co que despois estercamos e preparamos a terra (sempre coa axuda de José Antonio, moitas grazas) para producirmos algúns alimentos.
Grazas tamén a Fran e a Tomás que aquí aparecen colocando a cartelería de voluntariado ambiental para alentarnos neste empeño de coidado do territorio. Ata esa gatiña se achegou buscando comida e amparo este inverno e xa se quedou por aquí; sen esquecernos da parella de cegoñas, que un ano máis, acondicionaron o seu niño e nos acompañan, xa moi ocupadas, atendendo ós catro cegoñinos que podemos ver grazas á foto que Fran nos achega co seu dron. 
Desde o CDR seguimos brindando esta posibilidade de achegarte e coñecer este noso quefacer cotiá; a nosa relación coa contorna. Aprendendo a practicar o Coidado, a Atención, a Delicadeza, a Sensibilidade.

https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d357946673k8205818o2l1/Primavera 2021

Arquivada en:
Infórmate > Noticias