Noticias
© CDR O Viso | 17/03/2021 | Cartel Infancia. Exposición POING
O CDR O Viso e a infancia da comarca da Limia tamén estamos representados nesta exposición
Grazas á Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia
13/03/2021 | Santiago
A Xunta inaugurou unha nova mostra dentro do ciclo de exposicións Retratos: Familia e Infancia centrada na Plataforma de Organización de Infancia de Galicia (POIG). O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, acompañado do presidente da entidade, Xesús Vilas, visitou a mostra, situada na Pirámide do edificio administrativo de San Caetano.
O director xeral puxo en valor o traballo que realiza esta plataforma na protección e promoción dos dereitos dos nenos e adolescentes. “Un labor imprescindible para salvagardar un dereito tan fundamental como é o dunha infancia feliz”, apuntou. A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia está integrada por 20 asociacións.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias