Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 25/02/2021 |

A relación coa contorna coma un dos vínculos decisivos na vida

25/02/2021

"Febreiriño corto, cos seus días vinteoito; se duras máis catro, non queda can nin gato, nin ratiño no burato, nin ovella rabela, nin pastor pra ir co ela, nin cornos no carneiro, nin orellas ó pregoeiro."

Este febreiro, a piques de rematar, e que comezamos celebrando a Candeloria (día 2) e o casamento dos paxariños, si que corrobora estoutro de "en febreiro por cada rego o seu regueiro".

E velaquí algunhas imaxes que no noso caso, este ano, coincidiu coa parideira da maior parte das nais e primeirizas  do rabaño do CDR. Nacementos de moitas añas e años (28), un par de baixas, unha á que a nai non aceptou e estamos a criar con biberón (moitas grazas Mª Isabel)...

Tamén algunhas imaxes das galiñas que nos axudan a limpar o invernadoiro de vermes e organismos patóxenos, do "traballo do xabarín" que ara e derrama os pastizais (con moita auga) e o río que vai cantando, si, churrusqueiro, cheo de auga... 

Oportunidades de aprendizaxe.

https://www.kizoa.com/Video-Editor/d353356855k7167521o1l1/Febreiro_2021

Arquivada en:
Infórmate > Noticias