Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/02/2021 | Apoyo en el proceso de activación de la Cl@ve permanente

Apoio no proceso de Avaliación e Acreditación de Competencias Profesionais

05/02/2021

No Programa Integrado para loitar contra a despoboación rural, comezamos o ano, dende o servizo de Orientación Laboral, facendo o asesoramento e apoio a participantes na tramitación do proceso da avaliación e acreditación das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral e/ou de vías non formais de formación na Cualificación Profesional de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSC320_2).

O noso labor contribúe a dar a coñecer novas posibilidades de emprego, a ensinar cómo facer os trámites en liña coa Administración para atopar emprego ou formación e a facilitar novos métodos de busca de emprego nestes tempos de COVID.

Nas vindeiras semanas presentaremos a oferta formativa gratuita que, dende o CDR O Viso, queremos ofrecer á poboación en xeral, para promover a mellora dos seus coñecementos e as súas capacidades.

Este proxecto financiado polo Fondo Social Europeo ( FSE inviste no teu futuro) enmárcase dentro do eixo OT 9: Promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, e pretende poñer freo ao despoboamento que está a sufrir o medio rural en xeral e fomentar a inclusión e a participación das persoas que vivan ou queiran ir vivir ao medio rural. Como prioridade atópase a inclusión activa, con vistas a fomentar a igualdade de oportunidades, participación activa e mellora de empregabilidade.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias
O noso traballo > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > D. Área de Inclusión Social e Laboral > D.3- Orientación e Inserción laboral