Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 22/12/2020 |

Cantámoslle os Reis do Quiquiriquí

Durante os días 4 e 5 de xaneiro

22/12/2020 | A Limia

Xa estamos ás portas do Nadal, e un ano máis, dende o CDR O Viso queremos levar a cabo o tradicional canto de reis polas rúas de Xinzo. Sabemos de primeira man que vai ser un nadal atípico pola pandemia que estamos a sufrir debido a COVID-19, pero non por elo menos especial que outros anos. Dende o CDR O Viso pedimos a colaboración das nenas e nenos para poder levar a cabo os cantos dos reis os días 4 e 5 de xaneiro polas rúas de Xinzo. Para participar é moi sinxelo, só hai que facer inscrición previa obrigatoria no CIX DA LIMIA e traer o teu propio instrumento ou axóuxere e máscara.
Para máis información sobre como será a organización deses días e para facer as inscricións, podes chamar ao 988461571 ou achegarte pola oficina do CIX, situada na rúa Ladeira nº21, baixo. ESPERÁMOSTE!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias