Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/12/2020 | Radio Lodoselo

Radio Lodoselo

Outro espazo máis para fortalecer os nosos vínculos

20/12/2020

Unha iniciativa que impulsaron nos centros educativos desde a Asesoría de bibliotecas escolares galegas (radio na biblio) e a aposta de Helena, Saray e Carmen de que sería unha boa ferramenta para estimular as capacidades expresivas da xente coa que traballaban, foron suficiente para embarcarnos nesta nova aventura.
Así que, aquí andamos, aprendendo. Sempre aprendendo. Graciñas a Óscar Gómez (Limiactiva) que se achegou a Lodoselo e darnos as directrices básicas para botarnos a andar e a Manola (Ceip de Vilar de Barrio) á que ó igual que Óscar chamamos por teléfono para resolver dúbidas.  E, estamos no camiño, guiados polo empeño de:

1. Crear un espazo máis que fortaleza os nosos vínculos, o compromiso co territorio, a convivencia.

2. Fomentar a interxeracionalidade, o envellecemento activo, a participación de todas as persoas en axentes implicados na mellora comunitaria.

3. Motivar, estimular, canalizar as capacidades expresivas non só das persoas participantes na actividades do CDR, que tamén, senón dos colectivos máis vulnerables e en risco de exclusión.

4. Realizar tarefas grupais e contribuír desde esta canle a visibilizar o medio rural, a cultura territorializada, a sabiduría de saber vivir conectados coa terra que nos alimenta.

5. Promover a actitude crítica e tamén tolerante a través das reflexións compartidas e do diálogo.

Con espazos informativos (novas, entrevistas, debates, reportaxes), de entretemento: radio-teatro, contos, lendas, cantigas, música...  Culturais, sociais, educativos... do noso medio.


La Región recolle hoxe esta nova na páxina 3 nunha reportaxe a doble páxina sobre o Nadal máis difícil: nun 15% dos fogares viven maiores sós. E Brais conta que no CDR ideamos unha radio para axudar a levar mellor esta soedade.
Tamén a TVG veu grabar e deu a nova no telexornal do mediodía. Poñemos a continuación os enlaces.

https://www.laregion.es/articulo/ourense/sarreaus-idean-radio-gente-non-estea-soa-navidad/20201220135504993444.html

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-fds-4712959?t=1160

Arquivada en:
Infórmate > Noticias