Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 10/12/2020 | Objetivos sustentables

Pregoamos a nosa esperanza nas persoas

No Día dos Dereitos /Deberes Humanos

10/12/2020 | A Limia

   Hoxe, 10 de decembro, celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Falar de dereitos conleva falar de deberes. Dereitos que se deben respectar e deberes que temos que cumprir. Cada dereito leva aparellados uns deberes, unhas responsabilidades.
   No CDR O Viso, organización que naceu por e para as persoas, enmarcamos as nosas accións dentro dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable fixados na Axenda 2030 da ONU e queremos pór de manifesto a necesidade de diálogo, de cooperación e de solidariedade entre as administracións públicas para garantir a dignidade de toda persoa en calquera lugar.
   Vivimos cada vez máis división e distanciamento entre nós mesmos, cun enfrontamento social que non pensabamos vivir. Aínda así temos esperanza nas persoas, sabemos que todas e todos somos quen de mirar ós ollos das demais sen importar procedencia, condición social, orientación sexual, ideoloxía... Aínda que sexan as institucións quen teñen que garantir os dereitos humanos, somos cada unha de nós quen temos que dar exemplo de cidadanía, de comunidade, de humanidade. Ó fin e ó cabo somos descendentes da mesma Terra.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias