Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/11/2020 | Cartel Fami

Asesoramento e formación para persoas migrantes da Comarca da Limia como cidadáns de pleno dereito

Continuamos con este programa

24/01/2020 | A Limia

Dende o  CDR O Viso - COCEDER  vimos desenvolvendo a partir do 1 de xaneiro de 2020 e ata o 31 de decembro deste mesmo ano o proxecto  “Asesoramento e formación para persoas  migrantes como  cidadáns de pleno dereito”, cuxo principal obxectivo é Promover a integración social das mulleres inmigrantes da comarca da Limia, a conciliación e a  interculturalidade

O proxecto céntrase maioritariamente nas seguintes accións:
- Acompañar no proceso de aprendizaxe do idioma da sociedade de acollida
- Ofrecer información, orientación e asesoramento para favorecer o desenvolvemento básico das persoas inmigrantes na sociedade de acollida
- Facilitar a asistencia das persoas migrantes aos recursos destinados para elas a través dun espazo de conciliación
- Facilitar a resolución de trámites administrativos mediante o acompañamento individual
- Impulsar a participación democrática e  empoderar ás mulleres inmigrantes da Comarca da Limia mediante o coñecemento das características e valores da sociedade de acollida
- Previr e intervir en situacións de inestabilidade emocional - atención psicolóxica

A nosa perspectiva de xénero parte da equidade e defendemos que a conciliación debe mellorar a calidade de vida das mulleres, as familias e  a sociedade en xeral, polo que apostamos por unha conciliación real que permita decidir cando e como dispoñer do tempo e da liberdade de decisión na xestión dos recursos.

Este proxecto, que xa se levou a cabo durante o ano 2019, está financiado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións - Dirección Xeral de Integración e Atención Humanitaria para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral en materia de estranxeiría, subvencións destinadas a favorecer a convivencia e a cohesión social, e cofinanciadas por Fondos da Unión Europea.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias