Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/11/2020 | P. Poises oficina

O CDR O Viso, continúa a actividade de Orientación Laboral e Formación para a Busca de Emprego durante o Estado de Alarma declarado polo COVID 19

20/04/2020 | A Limia

En tempos difíciles, é necesario continuar apoiando ás persoas participantes do Programa de Itinerarios Integrados Contra o Despoboamento Rural (2020-2023)   POISES, cofinanciado polo  FSE con cargo ao programa operativo do mesmo nome, pertencente ao  FSE 2014-2020 ( CCI 2014ES05 SFOP012) para loitar contra o despoboamento rural.
Durante o período de confinamento, estamos a desenvolver unha nova metodoloxía de “orientación laboral telemática” mediante o contacto telefónico, correo electrónico e  videochamadas, estamos a dar continuidade ás Accións de Orientación Laboral, Formación  e acompañamento no proceso de procura de emprego. É moi importante promover o desenvolvemento de competencias persoais para o emprego, que permite “ir preparándose” para cando chegue a normalidade.
Durante o estado de alarma estamos a incorporar a novas persoas participantes que se formulan este período de confinamento como o momento para aproveitar o tempo e planificar unha procura activa de emprego máis eficaz.
Podes participar enviando un correo electrónico a orientacionlaboral@cdroviso.org e a orientadora laboral contactará contigo para informarche de todo o que poidas necesitar.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias