Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 02/11/2020 | Obras 1

Pequenas obras de mellora

No Centro de Inclusión e na Vivenda Comunitaria

02/11/2020 | Lodoselo

A finais do verán poidemos realizar algunhas pequenas obras de mellora: 

1. Na vivenda comunitaria, o amigo David, carpinteiro, revestiu con madeira algúns espazos comúns (entrada, corredores...) que xa precisaban un apaño despois de telos pintado algunha vez e recubertos con outros materiais. Esta vez e ante o continuo roce e algúns golpes coas cadeiras de rodas, etc. decidimos protexelo e adornalo con madeira.

Tamén no exterior mellorouse o acceso desde a rúa para evitar, previr algunha caída mellorando a rampa que xa había por outra moito menos pronunciada grazas ó bo facer do Julio, de Laroá.

2. No Centro de Inclusión tamén foi o Julio e o José os que refixeron un dos muros do peche que tiña as pedras desencaixadas. Así que desmontárono e volveron colocalas. Tamén se cementou un espazo de terra para posibilitar o aparcamento dos furgóns a cuberto e ampliouse un espazo para poder entrar as familias que se achegan coas crianzas á casa niño, habilitándolle un espazo para chegar cos "carros" ata o mesmo espazo das familias aínda que estean aparcados os furgóns do CDR. Moitísimas grazas por este bo traballo ó Julio de Laroá que anda xubilándosse pero non dá. 

  

Arquivada en:
Infórmate > Noticias