Accesibilidad

Noticias 

Participación no encontro Mutante´s

Xornadas de encontro entre proxectos de innovación rural

05/10/2020 | A Veiga

O vindeiro sábado, día 10 de outubro, estamos convidados a participar nestas interesantes xornadas para contar a nosa experiencia nunha palestra.

O título da mesma é "Estratexias comunitarias para reformular a vida e o coidado no rural" e ademais do CDR O Viso estará o colectivo Agrocuir, que veñen desde a Ulloa. Son un referente á hora de xerar reivindicación rural do colectivo LGBTI+, visibilización das diversidades de xénero e sexuais.

Ambos proxectos, aínda que a primeira vista non teñan nexos, din os organizadores, son unha canle de traballo comunitario e de posta en valor do rural como xerador de coidado.

Moitas grazas por convidarnos. Alí estaremos.

Velaquí o enlace ó programa completo das xornadas: 

 https://drive.google.com/file/d/1lWOYpysujV4IQNdbqM4UqZyZhzJHsXdG/view?usp=sharing 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias