Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 31/08/2020 |

Despois de dous meses, damos por finalizado o concilia de Xinzo e Laza.

Ata a próxima

31/08/2020

Tras un verán do máis atípico, e despois de dous meses levando a cabo o CONCILIA DE VERÁN, damos por finalizado a 31 de agosto o noso programa en Xinzo e Laza.
Este ano marcado pola crise sanitaria, sabiamos que as circunstancias e o desenvolvemento do programa non ían permitirnos levalo a cabo como normalmente o facemos en Lodoselo ano tras ano. Dende o C.D.R. O Viso coñeciamos de primeira man que era necesario máis que nunca  realizar este programa para dar resposta ás familias que precisaban conciliar na vida persoal, familiar e laboral. Foi momento de novas aprendizaxes para a prevención da COVID-19 que nos acompañará unha longa tempada, foi tamén momento de reencontro, de volver atoparnos e relacionarnos doutro xeito pero coa mesma intensidade.
En Laza participaron unha vintena de nenas e nenos e fixéronse actividades de promoción da igualdade, coñecemento do patrimonio local, contacto permanente co contorno natural, actividades artísticas ligadas á coeducación, entre outras.
No concilia de Xinzo participaron preto de 60 nenos e nenas onde se realizaron xogos de cooperación, actividades de promoción a igualdade e coeducación, manualidades con material de refugallo, etc. En relación a isto, temos que dar as grazas ao CEIP Rosalía de Castro por deixarnos as instalacións do colexio e poñer a nosa disposición todo aquelo que fose preciso para o desenrolo do concilia en Xinzo.
Ademais tamén hai que dar as grazas as monitoras Silvia, Uxía (do concilia de Laza), Anabel e Andrea (do concilia de Xinzo) polo seu traballo desenvolvido ao longo destes meses e a Álvaro e Aurora por participar voluntariamente nas actividades e botar unha man cando era preciso.
Facemos unha valoración moi positiva de ámbalas dúas actuacións polo que significou a nivel de conciliación para as familias e, o máis importante, a nivel socioemocional para as nenas e nenos, que tanto necesitaban estar, ser, xogar...libremente.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do transcorrido ao longo destes meses.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias