Accesibilidad

Noticias 

A túa outra casa na Voz de Galicia (Loita contra o coronavirus)

Un modelo doméstico e terapéutico no rural

25/05/2020 | Lodoselo

Cos pés na terra e sabendo que "o partido non acaba ata que acaba" (filosofía dun Rafael Nadal que endexamais o vin dar unha pelota por perdida...) hai que seguir dando o nivel pero tamén agradecer que se recoñeza o traballo ben feito.

Ocorre que habería que facer varias puntualizacións:

1. Levamos toda a nosa existencia como organización apoiando e contribuíndo, entre outra cousas, a que a xente permaneza na súa casa, na súa contorna; e temos claro que ninguén poidendo valerse vai deixar de estar na súa casa. E unha manchea de programas para contribuír e iso. No seu momento, con máis empeño que lucidez, ben seguro, alentados pola necesidade e urxencia da xente que tiña que marchar cando non podía estar soa ou só na súa casa, abrimos "a túa outra casa" ( o nome dío todo). Nestes máis de 18 anos ofreceu e seguímolo intentando día a día un "parche" á situación extraordinaria que supón ter que deixar a nosa casa. Foi a última etapa da vida de moita xente con todo tipo de vivencias inesquecibles; xente que pasou a formar parte das nosas vidas e da historia desta casa, desta organización.

2. Non somos empresarios, pero todo o persoal ten a cualificación requerida e esixida. Somos veciñas e veciños que nos organizamos e temos vocación comunitaria, seguramente tamén porque lle debemos á comunidade o que somos. E somos agradecidos. Hay organizacións civís coma o CDR de economía social e solidaria que estamos xestionando servizos á vecindade que deberían estar sendo prestados pola administración, pola xente que voluntariamente se presenta ás eleccións para formar parte da administración. Somos cidadáns que ante a pasividade de quen o tiña que facer optamos por este dereito que temos como persoas de ir facendo posible o que nos parece necesario. Claro que si, claro que hai quen montou "granxas de vellas/os" ( perdón polo exabrupto) para sacar diñeiro, para ter un voto cautivo (tanto de usuarios como de traballador@s), para... Así que, por favor non hai que xeralizar.

3. Aspiramos a que isto que facemos non sexa necesario. Si, pode resultar contradictorio; parece que se aspira a ter un nicho de mercado, de clientes para asegurar o futuro e resulta que outra das nosas conviccións é que todo iría mellor se o CDR non tivera que estar facendo o que fai. O que facemos é estar atentos para que os demais estean ben. Si, estamos convencidos de que a filosofía dos coidados deber ser comunitaria e estar ligada ó territorio. E debería ser unha responsabilidade de todas as persoas esixir que isto fose prioritario. Pero contra a nosa pretensión impera o "darwinismo social" (o que non aguanta a competencia, sucumbe; o sacrificio dos máis vulnerables). De momento, aí estamos grazas a quen o fai realizable.    

Arquivada en:
Infórmate > Noticias