Accesibilidad

Noticias 

Grazas por coidarnos, Carabuñas e o apoio ó produto local e galego

Grazas Eva, grazas Nelson

09/05/2020 | A Limia

Recibimos moi agradecidos esta achega que nos fan estes veciños limiaos promovendo o sermos agradecidos coas persoas que nos coidan e ó mesmo tempo apoiar o producto local, o produto galego; ademais queren doar unha parte disto que recauden e escollen ó CDR O Viso, escóllennos a nós como organización da comarca que traballamos "os coidados". Moitísimas grazas!!! 

Si, necesitamos ser coidados, coidar e coidarnos; e claro, con iniciativas así, na que a filosofía dos coidados é comunitaria e está ligada ó territorio, sentímonos moi en sintonía. Hoxe son Eva e Nelson e toda a xente que secunde este chamamento pero todos os días somos testemuña da boa xente que apoia ás persoas máis vulnerables (porque vulnerables somos todos, non o esquezamos: tamén iso vai na nosa condición humana).

Espallamos dende aquí pois esta iniciativa:

❤️Apetece dicir un grazas por coidarnos?
Moitas persoas a traballar para que todo saia ben, por iso deseñamos un lote, no que colaboramos con outros produtores/as e co CDR O Viso.
Aí vai a nosa proposta. Caixa-agasallo na que dis moito máis que grazas.

https://tenda.carabunhas.com/es/producto/regalo-gracias-por-cuidarnos/

https://es.carabunhas.com/quienes-somos/

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias