Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 08/05/2020 | 1

Á procura dunha normalidade que revirta esta anomalía

Na que o sufrimento dos outros aféctanos

08/05/2020 | A Limia

COLABORACIÓN COS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS DO CONCELLO DE VILAR DE BARRIO E DE SARREAUS ENTRE A ÚLTIMA SEMANA DE ABRIL E A PRIMEIRA DE MAIO PARA FACILITAR PRODUTOS FRESCOS DE ALIMENTACIÓN PARA PERSOAS EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE POLO COVID-19

Nas últimas semanas temos reforzado as sinerxias entre os distintos axentes sociais da Comarca da Limia para facilitar o afrontamento das necesidades básicas de persoas en situación de vulnerabilidade e afectadas polo COVID-19.

Así pois, entre o martes 28 e o xoves 30 de abril repartíronse produtos frescos de alimentación –moitos provenientes das doazóns do Mercadona de Xinzo- para aproximadamente 60 persoas pertencentes ó Concello de Vilar de Barrio. Pola nosa parte, organizamos os lotes no Centro de Inclusión e Protección Civil veu a recollelos e encargouse do seu reparto.

Esta semana, o mércores 6, foi a quenda do Concello de Sarreaus que veu a buscar nove lotes para 18 persoas do noso municipio. Preparamos os lotes que incluíron produtos frescos e variados de alimentación e Protección Civil veu a por eles e repartiunos no día.

É de salientar que temos asinados convenios de colaboración e certificados de coordinación continuada e periódica para facilitar que os diferentes programas e servizos que prestamos redunden nunha atención integrada e de calidade para as persoas usuarias e participantes en cada unha das nosas accións, para avaliar novas necesidades, etc.
Nas vindeiras semanas repartirase tamén á familias dos concellos de Trasmiras e Sandiás.

Seguiremos colaborando nesta liña, cos concellos da comarca da Limia debido á elevada demanda de persoas e familias empobrecidas e afectadas polo COVID-19 en coordinación cos servizos sociais comunitarios dos distintos concellos para que a axuda prestada chegue a quen a precise e se preveña a duplicidade da mesma.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias