Infórmate > Noticias 

Noticias 

Aprendendo a vivir co drama
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

24/03/2020 | Lodoselo

Na natureza non o hai; o drama poñémolo nós

1 de 1

Nestas datas na que a preocupación e os maiores esforzos están encamiñados a protexernos para protexer mellor, na que cambiamos e artellamos protocolos por culpa do demo este do coronavirus (que máis que corona parece que ten cornos e tratamos de que non nos dea unha cornada) non podemos, nin queremos sentirnos alleos ó comezo da primavera. 

A natureza segue o seu ritmo. Nós admirámonos e temos que lembrar que cando cremos que o "podemos case todo" sempre aparece algún contratempo que nos pon no noso sitio. 

Así que aprendamos, sempre aprendendo a convivir co que a vida nos depara. Loitando por construír uns espazos nos que vivamos mellor pero coñecedores dos nosos límites; sen esperar a máis do que en realidade é posible (a "hibris" da que xa falaban os filósofos na antigua Grecia). Grazas, Carmen L. (hoxe aprendín esta nova palabra grazas a ti)

E velaquí unhas imaxes deste despertar da natureza: a amendoeira, cerdeira e as moitas árbores e arbustos en flor, os nabos que deixa o Eloi para coller a naviña (e mantermos as nosas sementes autóctonas), o José Antonio preparando a terra do naval da Lama (despois de estercalo co esterco das ovellas), os nacementos de máis añiños, poliños... Ata a parella de cegoñas que xa están deitadas, chocando. E esas imaxes desde o aire coas que nos agasalla o Fran de todo isto: Lodoselo e o noso bonito entorno.  

 

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

banner

        

 

Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info