Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 09/03/2020 |

Campaña 8M. Día Internacional das Mulleres.

Actividades de igualdade e coeducación nos CEIPs e I.E.S. da comarca.

09/03/2020 | Xinzo de Limia

Un ano máis, dende o C.D.R. "O Viso" xunto coa Cruz Vermella e o CIM de Xinzo estivemos durante os días 4, 5, e 6 de marzo percorrendo tódolos CEIPs da comarca da Limia realizando actividades de coeducación, igualdade e sensibilización baixo o principal obxectivo de transmitir a importancia de EDUCAR EN E PARA A IGUALDADE. Nas actividades realizadas estivemos aprendendo novos conceptos, analizamos os diferentes espazos que había en cada un dos colexios e debatimos sobre as desigualdades existentes na nosa sociedade. Ademais tamén fixemos fincapé na importancia de eliminar e erradicar estereotipos e prexuízos.
Este mércores 11 de marzo estaremos o C.D.R. O Viso, o CIM e a Cruz Vermella de Xinzo nos dous I.E.S. da comarca (I.E.S. Cidade de Antioquía e I.E.S. Lagoa de Antela) realizando actividades e dinámicas por o 8 de marzo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias