Accesibilidad

Noticias 

Libres, fortes, empoderadas

Campaña de sensibilización con motivo del 8 M

06/03/2020 | A Limia

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, xunto coas portavoces da Federación de Mulleres Rurais e do CDR O Viso, presentaron os actos que terán lugar ao longo da semana en conmemoración do Día da Muller. No cartaz aparecen reflectidas algunhas delas. Outras xa as realizamos a Cruz Vermella e o CDR O Viso nos CEIPs e IES da comarca e da vila. 

Resaltar que presentaremos o noso proxecto MULLERES ILUSTRADAS DA LIMIA no acto do vindeiro domingo día 8 ás 12.30h e que o 14 de marzo inaugurarase a exposición ás 18h na casa de Cultura. Antes faremos un reparto dos retratos destas mulleres polos bares, comercios e locais públicos.

As Mulleres Ilustradas da Limia é unha colección de retratos ilustrados de 10 mulleres do concello (de Ganade, Gudín, Lamas, Pidre, Xinzo...),  que forman parte da historia da nosa vila e comarca.

Dez mulleres que fixeron historia no pasado e no presente; que merecen ser visibilizadas.

A selección fíxose con perspectiva de xénero, facéndonos eco da súa valentía, a relevancia do seu traballo, a súa aportación á sociedade e/ ou ter sido precursoras nalgunha actividade “só de homes”.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias