Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/03/2020 |

Estadía en Lodoselo do alumnado de Educación Social

Futuros e futuras educadores e educadoras sociales. 

03/03/2020 | Lodoselo

Estudantes do grao de Educación Social de Ourense estiveron visitando durante os días 2 e 3 de marzo o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso en Lodoselo. Nas actividades levadas a cabo durante os dous días participaron un total de 17 persoas, onde o principal obxectivo da súa visita era coñecer a labor que desenvolven os/as educadores/as sociais no medio rural.
A súa chegada, os propios educadores/as sociais do C.D.R. "O Viso" déronlles a benvida e realizaron unha pequena presentación explicando os distintos programas e ámbitos nos que traballan e interveñen. Ademais, Davide e Bahar, actuais voluntarios do SVE no C.D.R, tamén quixeron colaborar, explicando a súa experiencia como voluntarios en Lodoselo e ensinando tradicións culturais dos seus países (Italia e Turquía).
Na tarde de onte, a través dun xogo de pistas os/as futuros/as educadores/as sociais puideron coñecer máis de preto Lodoselo, a súa historia, a súa xente...

Hoxe pola mañá, estiveron realizando a fornada de pan no forno comunitario de Lodoselo e ademais tiveron a oportunidade de coñecer os distintos espazos en Lodoselo; a Vivenda Comunitaria, o Centro de Inclusión e a Casa Niño Lodoselo.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias