Accesibilidad

Noticias 

10 de Outubro, Día Mundial da Saúde Mental

A saúde mental non é ningún conto.

10/10/2019

Hoxe 10 de Outubro é o día Mundial da Saúde Mental e é un momento idóneo para animarnos a falar sen medo de como nos sentimos.

Falar de medos, angustias, dificultades… Falar de que “teño máis medo ca vida”, falar de que “as miñas relacións son un desastre unha e outra vez”, falar de que “a vida estame superando por completo”, falar de que “perdín a alguén e doe tanto que seguir é imposible”…

Temos que aproveitar o día de hoxe para dar visibilización, concienciar e mobilizar a poboación acerca das cuestións relativas á saúde mental.

A OMS entende que a saúde é o estado no que un ser vivo non ten ningunha lesión nin padece ningunha enfermidade e que exerce con normalidade todas as súas funcións; é unha certeza que as persoas con patoloxías e trastornos perden a súa saúde. Podémolo chamar trastorno ou enfermidade, pero quizais iso non é o importante. O importante é que a saúde mental non é ningún conto.

Non podemos non facer mención a un tema que sigue sendo tabú na sociedade, e que nos toca máis cerca do que cremos: O suicidio.

O suicidio é a maior causa de morte non natural e os números son terríbeis: En España 10 persoas quítanse a vida ao día, e se falamos a nivel mundial, UNHA PERSOA SUICÍDASE CADA 40 SEGUNDOS.

O dito, a saúde mental non é ningún conto.

Falemos da saúde mental sen medos, da mesma forma que o faríamos de calquera doenza física.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias