Accesibilidad

Noticias 

Concédennos, ó CDR, o Premio Pedra Alta 2019

O Consello Asesor do Museo Etnográfico da Limia

05/10/2019 | Vilar de Santos

Na terceira edición deste galardón comunicáronnos hoxe que será o CDR "O Viso" quen o reciba; nas dúas edicións anteriores foron Elixio Rivas e Antonio Rodríguez Colmenero os elixidos.

O Premio Pedra Alta, é un galardón que concede o Padroado do Museo Etnográfico da Limia; foi creado no ano 2017; ten como obxectivo "recoñecer o traballo e dedicación de persoas ou entidades, encamiñados a pór en valor o coñecemento do pasado, a análise da realidade actual, a creación intelectual, os elementos identitarios ou o apoio ao desenvolvemento económico e social da comarca da Limia".

Queremos agradecer tamén desde aquí esta boa nova e felicitar a todas as persoas que fixeron e fan posible o cometido que día a día desde 1990 desenvolve o CDR: Xunta Directiva, traballador@s, persoas militantes e voluntari@s,  participantes en todos e cada un dos programas que se levan a cabo, financiadores e colaboradores, medios de comunicación que nos fan visibles, etc

 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias