Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/09/2019 | Federación Gallega de Daño Cerebral.

Xornadas de saúde

Federación Galega de Dano Cerebral

26/09/2019 | Lodoselo

Onte, mércores 25 de setembro, tivemos no centro de inclusión unha charla sobre dano cerebral adquirido e ictus da man de Andrea Abel Asorey, traballadora social da Federación Galega de Dano Cerebral.

Falounos sobre cómo previr o ictus, cáles son as sinais de alerta, qué tipo de autocoidados poden levar a cabo os afectados e cáles son as necesidades dos pacientes e do seu entorno. “Tórceseche a boca? Cáeche un brazo ao levantalo? Falas con dificultade? Se tés algún destes síntomas, pide axuda rapidamente ao 061”. Este é un dos consellos de Andrea para previr as consecuencias dun ictus. As sinais de alarma son doadas (comprobar si se perdeu forza nun brazo, se non hai fluidez ao falar, se hai dificultade na comprensión…) e detectar canto antes o problema é fundamental para sobrevivir e facelo coas menores secuelas.

Esta charla desenvólvese dentro dunhas xornadas de saúde que programamos para este comezo de curso. Depresión, Alzheimer, cancro... serán as temáticas abordadas para póximas sesións.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias