Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 13/08/2019 | 1

A Casa Niño Lodoselo abriu as súas portas

Cun enfoque educativo integrado no proxecto do CDR O Viso

05/08/2019

A Casa Niño de Lodoselo, integrada no Centro de inclusión do CDR O Viso abriu as súas portas despois de varios meses de trámites burocráticos. 
Trátase dun proxecto piloto financiado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Botamos a andar en pleno agosto, estando as hortas a piques de madurar os seus froitos e coas anduriñas, os pardaos, as pegas bulindo enriba das nosas cabezas.
Estamos afacéndonos as  unhas  ós outros, coñecéndonos, observándonos e familiarizándonos co espazo moi paseniño, co respecto máximo polo ritmo propio de cadaquén.
Reivindicamos a importancia da etapa  0-3 desde un enfoque educativo e non só asistencial; trátase dun periodo fundamental para toda persoa e cremos que temos a responsabilidade de abordalo de xeito profesional, responsable e respectuoso á infancia.
Dentro do proxecto educativo integral que defende o CDR O Viso velaquí outra oportunidade de mesturarnos nenas, nenos, maiores e o persoal do centro para convivir e aprendermos uns das outras.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias