Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 26/07/2019 | 12

Celebramos o día das avoas e dos avós

No programa Concilia verán

26/07/2019 | Lodoselo

26 DE XULLO:DIA DAS AVOAS E DOS AVÓS

Din que os avós e as avoas son como os “segundos pais”...e hoxe 26 de xullo toca facerlles unha homenaxe xa que se celebra o dia dos avós e das avoas. É un día para recoñecerlles, agradecerlles e demostrarlles todo o seu esforzo xa que sen eles/elas non sería o mesmo; representan unha figura moi importante en cada familia.


Nós tamén quixemos celebrar este día, entre alegría, nervios e emoción; os nosos/as nenos/as do Concilia elaboraron para as persoas maiores do centro unhas tarxetas con fotografías acompañadas dunha dedicatoria para cada un deles.

Foi un encontro cos nervios a flor de pel, tanto pola emoción que levaban os/as nenos/as como pola sorpresa que lles esperaban dar aos maiores. Sen dúbida foi un día inesquecible!!

FELIZ DÍA A TÓDOLOS AVÓS E AVOAS!

Aqui, neste enlace, algunhas imaxes: http://www.kizoa.es/Editar-Vídeos-Movie-Maker/d285905904kP887492277o2l1/da-dos-avs-2019

Arquivada en:
Infórmate > Noticias