Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/07/2019 | 1

Damos a benvida a Davide, voluntario italiano

Este é o texto que escribiu para presentarse

02/07/2019 | Lodoselo

Ciao, chámome Davide, teño 27 anos e vivo nun pobo preto de  Bergamo, no norte de Italia. Cheguei a Xinzo de Limia ao principio de xuño e ata marzo participarei como voluntario europeo ao proxecto do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso”.

Aproveitei esta oportunidade por moitas razóns. O primeiro aspecto que me animou é a miña paixón por España. Elixín esta zona de Galicia porque quería descubrir unha parte do País menos coñecida, que ten un carácter tradicional  fuertísimo que se expresa en toda a súa cultura, ata o idioma galego. Ademais, estou aquí porque me gustaría facer algo diferente na miña vida.

Para min transcorrer nove meses aquí, nun lugar moi distinto respecto a onde vivo, significa aprender cousas sobre o mundo rural, axudar a xente de forma concreta e, sobre todo, estar feliz grazas ao que fago, o que creo sexa un aspecto absolutamente fundamental para conseguir unha experiencia de vida o máis pura e completa posible.

A ver o que nos espera nos próximos meses...  Daje  tutta! 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias