Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 16/06/2019 | Rueda

Tarde fenomenal no encontro de familias

Coas familias participantes no programa de ed. infantil e máis...

16/06/2019 | Lodoselo

Este pasado venres, 14 de xuño, festexamos en Lodoselo o Encontro de Familias por cuarto ano consecutivo. Foi un día para celebrar a fin do curso do programa Educación Infantil Familiar na Limia no que nos xuntamos arredor de 120 persoas.
Reunímonos no Campo da Lama arredor dunha grande roda en familia e continuamos a tarde coidando os animais, paseando no burro fariñeiro, escoitando o conto do Carballo con Botas, plantando unha árbore ou experimentando co pan relado.
Para rematar a festa tivemos a fortuna de contar co Cé Orquestra Pantasma, co que bailamos a esgalla nun concerto interxeracional coas nenas e nenos e as súas familias, as persoas maiores da nosa vivenda comunitaria e a veciñanza de Lodoselo.

Velaquí unhas imaxes para que vos fagades unha idea e/ou para lembrar esta tarde

Arquivada en:
Infórmate > Noticias