Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 13/06/2019 | Formación

Curso de auxiliar polivalente de comercio e almacén.

1ª semana de formación

13/06/2019 | Xinzo de Limia

O mundo sigue xirando, queiramos o non, así que o mellor para os nosos intereses, tanto persoais como profesionais, é apostar pola formación continua como vía para permanecer actualizados e preparados para as novas circunstancias. O mercado laboral sigue o seu curso e as empresas, nun escenario altamente competitivo, buscan novos servizos e produtos para sobresaír do resto, o que a súa vez require dun capital humano en constante reciclaxe, que saiba afrontar os retos tanto a nivel de competencias técnicas como de habilidades socias.

Temos claro que formarse é crucial no desenvolvemento persoal e profesional de calquera persoa, polo tanto dende o CDR seguimos apostando pola formación. Este ano e en base ao estudo realizado polos nosos compañeiro (Edi, Lucía e Andrea) “Estudo de necesidades da poboación limiá” apostamos por unha formación centrada no ámbito do comercio.

O curso de auxiliar polivalente de comercio e almacén, de 40 horas teórico-prácticas, e 40 h de prácticas non laborais (en diferentes comercios da nosa comarca) empezou este luns. En todo momento utilizarase unha metodoloxía participativa implicando ao alumnado no seu proceso de aprendizaxe, grantizando a igualdade de oportunidades en todas as fases da formación.

Estas actividades son realizadas ao abeiro da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán á concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede a súa convocatoria para os anos 2018,2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias