Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 13/06/2019 | FORMACIÓN DIGITAL

Formación Dixital Básica

Novo grupo: En Xinzo, os martes e os xoves.

13/06/2019 | Xinzo de Limia

O mundo está cambiando a pasos axigantados. A formación dixital é unha necesidade cada vez máis urxente. En tódolos sectores: dende a industria ata os servizos financeiros ou de telecomunicacións, enerxía ou saúde.

E por este motivo, martes e xoves do mes de xuño na nosa aula de actividades do Centro de Información Xuvenil levamos a cabo as sesións de Formación Dixital e Alfabetización Tecnolóxica, con un total de 6 persoas participantes e en horario de 10 a 12h. Un dos obxectivos principais é conseguir coñecementos básicos e habilidades metodolóxicas no uso do ordenador e telefonía móbil, así como o manexo das principais ferramentas TIC de comunicación, participación, ocio e xestión da vida diaria.

Estas actividades son realizadas ao abeiro da Orde do 13 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán á concesión de subvencións a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede a súa convocatoria para os anos 2018,2019 e 2020 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias