Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/06/2019 |

5 de xuño: Día Mundial do Medio Ambiente.

Hoxe, celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente no Pobo Escola de Lodoselo.

05/06/2019 | Lodoselo, Sarreaus

Nunha sociedade cada vez máis industrializada, na que prima a filosofía do usar e tirar, é moi importante e preciso que nos paremos a pensar no medio que nos rodea e na importancia de coidalo e conservalo.

Dende organizacións mundiais fanse chamamentos aos países para que coiden o medio ambiente, sen embargo, o coidado debe facerse individualmente, con pequenos xestos de cada persoa.

As nenas e os nenos representan o futuro, polo que se lles debe ensinar a desenvolver prácticas sostibles xenerosas co medio ambiente. No Pobo Escola de Lodoselo tentamos fomentar o contacto dos cativos e das cativas coa natureza, co medio, e así poder concienciar  sobre a necesidade de protexelo e conservalo.

Hoxe visitounos un grupo de nenos e nenas do CEIP Carlos Casares de Xinzo co cal estivemos a falar do que nos dan as árbores e da importancia de coidalas. Ademais, cada neno e cada nena plantou a súa propia árbore.

Tamén coidamos os animais e falamos do cambio climático e da importancia de reciclar e reutilizar.

Deixámosvos unhas imaxes do día de hoxe!

Arquivada en:
Infórmate > Noticias