Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 28/03/2019 | 1

Viaxe gastronómico aos doces máis representativos da cociña galega.

LIMUHE: II Xornada de convivencia gastronómica e lúdica.

28/03/2019 | Lodoselo

Desta vez tocou gozar das nosas receitas. As típicas roscas, a tarta de queixo, o flan con ovos da casa…
Os postres marroquís deixaran o listón moi alto, pero certo é que as nosas galegas se esmeraron moito e fixeron verdadeiras marabillas.
O intercambio foi moi enriquecedor e temos claro que experiencias como esta son as que realmente fomentan a integración porque entre fogóns compartíronse, ademais das receitas, historias de vida, anécdotas e moitas risas.
Tras moito traballo e nervios (todas querían que as cousas quedaran ben) sentámonos xuntas nunha gran mesa e saboreamos o traballo ben feito.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias